Inicio Carballo ao día Avisos Aprobación da relación definitiva...

Aprobación da relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os no curso 20/21 nas escolas infantís da rede pública

Luns 20 de xullo do 2020

A partir do 20 de xullo pode consultarse a relación definitiva de admitidos/as e da lista de agarda das escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, entre as cales figuran As Landras e A Braña.

A listaxe, xunto coa puntuación obtida, está dispoñible na ligazón https://www.igualdadebenestar.org/anuncios/anuncio.php?id=949&lg=gal e nos respectivos centros.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.

prazo para formalizar a matrícula é de 8 días contados desde o día seguinte ao da publicación da RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2020 pola que se publican as resolucións do 13 de xullo de 2020, das xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo da Consellería de Política Social, polas que se resolve a aprobación da relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os e da lista de espera para o curso 2020/21 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia. (DOG nº 144 do 20/7/2020), para o cal se deberá achegar a seguinte documentación:

Compartir: