Inicio Carballo ao día Novas As bandeiras azuis volverán a ondear este...

HOXE REALIZOUSE O PROCESO DE SELECCIÓN DE 30 SOCORRISTAS

As bandeiras azuis volverán a ondear este verán nas praias de Razo, Baldaio-Saíñas e Pedra do Sal

O concelleiro Luis Lamas representou ao Concello de Carballo no acto de entrega dos distintivos celebrado en Laxe

Luns 22 de xuño do 2020

Luis Lamas e Ángeles Vázquez

Luis Lamas e Ángeles Vázquez

O concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, representou ao Concello de Carballo no acto de entrega das 37 bandeiras azuis que ondearán este verán no litoral da provincia da Coruña, 3 delas no noso concello. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, foi a encargada do reparto dos distintivos, que nos vindeiros días, coincidindo co arranque oficial da temporada de praias, poderemos ver ondeando nos areais de Razo, Baldaio-Saíñas e Pedra do Sal.

O noso concello tamén renovou este ano o distintivo de sendeiro azul para a senda costeira que discorre entre Razo e Baldaio.

Hoxe celebráronse as probas de selección de socorristas

Hoxe celebráronse as probas de selección de socorristas

Ademais dos recoñecementos da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), as praias carballesas renovan tamén os certificados europeos ISO 14001 e EMAS, símbolos do compromiso do Concello de Carballo co desenvolvemento sostible dunha área tan sensible coma a nosa costa. Ademais de certificar a boa calidade das augas de baño, dos areais e dos servizos que prestamos aos usuarios e usuarias, este ano tamén é preciso adoptar medidas que eviten a propagación da COVID-19. Neste sentido, as praias de Carballo estarán dotadas do equipamento preciso para garantir a protección de bañistas e socorristas. A selección das 30 persoas que integrarán o equipo de salvamento realizouse, precisamente, hoxe.

Compartir: