Inicio Carballo ao día Novas O parque móbil da Policía Local...

O parque móbil da Policía Local inclúe dende hoxe novos vehículos de renting equipados con desfibriladores e mampara

Os axentes recibirán un curso de formación teórica e práctica sobre o uso dos equipos sanitarios

Venres 15 de maio do 2020

A entrega dos coches realizouse hoxe na Praza do Concello

A entrega dos coches realizouse hoxe na Praza do Concello

A empresa Grupivazgle entregou hoxe ao alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, e o xefe da Policía Local, Roberto Mosquera, dous novos vehículos Seat Ateca que, ademais do equipamento habitual co que contan os vehículos destinados a forzas e corpos de seguridade, inclúen desfibriladores, cámaras de gravación dianteira e traseira en tarxeta SD e, nun dos coches, un kit de transporte de detidos que consta de mampara de protección.

O Concello de Carballo optou por un sistema de renting por catro anos, polos que abonará un total de 103.382,40 euros.

A dotación dos vehículos complementarase cun curso teórico-práctico sobre os fundamentos da reanimación cardiopulmonar e o manexo de desfibriladores para todos os axentes. A acción formativa xa estaba prevista para o mes de marzo, pero a crise sanitaria provocada polo coronavirus obrigou a suspendela.

Compartir: