Inicio Carballo ao día Novas A campaña de trampeo permitiu en dous...

EN ABRIL FORON RETIRADOS 6 NIÑOS PRIMARIOS

A campaña de trampeo permitiu en dous meses a captura de 10.556 raíñas de avespa velutina

O Servizo Municipal de Control de Pragas conta xa con 77 colaboradores/as repartidos polas 18 parroquias

Mércores 6 de maio do 2020

Coas 7.870 capturadas no mes de abril, xa son 10.556 as raíñas que caeron nas trampas colocadas por todo o territorio municipal. Temos 787 distribuídas por todas as parroquias grazas á colaboración de 77 persoas, 15 máis que fai un mes. Esta intensa campaña, coordinada polo Servizo Municipal de Control de Pragas, ten como finalidade diminuír a incidencia da presenza da avespa velutina no noso concello.

En todas as parroquias rexistráronse capturas, aínda que nunhas máis ca noutras. Practicamente a metade conseguíronse entre Rus, Razo e a zona de Baldaio. A campaña prolongarase ata finais deste mes.

Ademais, seguimos a disposición da veciñanza para a retirada de niños. No mes de abril foron retirados 6: 3 na parroquia de Entrecruces e 3 na de Sofán. Os avisos poden realizarse a través dos teléfonos 112 o 012 ou a través da APP do Concello de Carballo que podes instalar no teu teléfono móbil.

Compartir: