Inicio Carballo ao día Novas O Concello entregará tarxetas para a...

O Concello entregará tarxetas para a compra de alimentos por valor de 60 euros para o alumnado que tiña comedor escolar gratuíto

As familias deben enviar a documentación aos seus centros escolares antes das 14.00 horas do luns 30

Xoves 26 de marzo do 2020

O Concello de Carballo, en cumprimento da normativa vixente pola declaración do estado de alarma, compensará a suspensión do servizo de comedor escolar durante o tempo que se manteña a situación actual mediante a entrega de tarxetas para a compra de alimentos por valor de 60 euros por cada neno ou nena que desfrutase do servizo de maneira gratuíta.

As familias que, polo tanto, tivesen o comedor subvencionado ao 100% deberán cubrir o documento que se está enviando dende os colexios públicos a través da APP Abalar Móbil e envialo por correo electrónico ao centro correspondente antes das 14.00 horas do luns 30 de marzo. Se algunha persoa ten dificultades para enviar o formulario pode mandar o nome do/a alumno/a, xunto co da nai ou o pai e o DNI correspondente. Dende os centros enviaranse os datos ao departamento de Servizos Sociais, e posteriormente comunicaranse polo mesmo sistema o día e hora da entrega das tarxetas.

Dende os centros e dende o Concello de Carballo facemos un chamamento ás familias para que difundan esta información o máximo posible para chegar a aqueles pais e nais que non dispoñan de Abalar Móbil. Grazas por colaborar!

Compartir: