Inicio Carballo ao día Avisos Estado de alarma polo COVID-19: Funcionamento do...

Estado de alarma polo COVID-19: Funcionamento do servizo de recollida de lixo

Mércores 18 de marzo do 2020

A recollida do lixo é un servizo esencial que necesita máis ca nunca da túa colaboración para realizar unha correcta xestión dos residuos:

  • Na zona rural recollemos o contedor verde 1 vez á semana, agás nas estradas principais de Razo, Baldaio, Sofán e Berdillo, nas que se realiza a recollida 2 veces á semana.
  • Na zona urbana a recollida realízase 6 días á semana, de luns a sábado, polo que agradecemos que os domingos non depositedes bolsas no colector verde.
  • A recollida de envases (colector amarelo) realízase 3 días á semana na zona urbana e un na rural, coma sempre.
  • Nos colectores de papel/cartón e vidro tamén se mantén a periodicidade da recollida, e mantense ademais o servizo de retirada de cartón pregado porta a porta.
  • O punto limpo está pechado ao público e tampouco funciona o punto limpo móbil.
  • A oficina da empresa concesionaria do servizo está pechada ao público, pero mantense a atención telefónica no horario habitual de mañá no número 981 754 917 para calquera incidencia ou información.

Toma boa nota da correcta xestión dos RSU nos fogares con persoas enfermas ou en corentena por coronavirus. Descarga o documento informativo. 

Descargas

Compartir: