Inicio Carballo ao día Novas Medidas para o funcionamento da...

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Medidas para o funcionamento da administración municipal durante o estado de alarma polo COVID-19

Luns 16 de marzo do 2020

O Goberno de España declarou o día 14 de marzo de 2020 o Estado de Alarma en todo o país durante quince días, que podería prorrogarse se fose preciso e contase coa autorización do Congreso de Deputados.

A medida adoptouse para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

O Estado de Alarma comporta unha severa limitación dos desprazamentos e o peche dos establecementos comerciáis. Así mesmo as Administracións Públicas están obrigadas a facilitar medidas que favorezan o traballo dende as súas casas aos empregados públicos na medida do posible, e sempre que sexa viable a prestación dos servizos públicos por medios non presenciais.

Polo exposto, en uso das competencias legalmente atribuidas, RESOLVO:

Primeiro.- Suspéndense as actividades de feiras e mercados no exterior (mercados dos xoves, feiras e feiróns) dende o 16 de marzo e ata o día 29 de marzo de 2020.

Permanecerán pechados os parques infantís dende o 16 de marzo e ata o día 29 de marzo de 2020.

Segundo.- A adopción das seguintes medidas no funcionamento da administración municipal do Concello de Carballo dende o 16 de marzo e ata o día 29 de marzo de 2020:

1) Crear unha Comisión Municipal de seguimento da evolución do COVID-19 que poderá estar formada polas seguintes persoas:

  • O/A Alcalde/sa
  • Os/as Concelleiros/as: o Dona María Belen Lendoiro Esmorís, Primeira Teniente de Alcalde e concelleira delegada de Facenda, Patrimonio, Persoal e Réxime Interior. o Dona Milagros Lantes Seara, Segunda Teniente de Alcalde e concelleira delegada de Planificación, Estratexia Urbana e Contratación. o D. Juan Manuel Seoane Collazo, concelleira delegado de Mobilidade, Seguridade, Feiras e Mercados o D. Luis María Lamas Álvarez, concelleira delegado de Obras e Servizos.
  • O Xefe da Policía Local
  • O responsable dos Servizos de Emerxencia e Protección Civil
  • O informático municipal
  • O Secretario municipal
2) A comunicación co Concello debe realizarse de forma telemática a través da sede electrónica municipal (sede.carballo.org) ou vía telefónica a través dos teléfonos e direccións de internet seguintes:
  • Casa do Concello: 981 704100 infocarballo@carballo.gal
  • Policía Local: 981 701722 policia@carballo.gal
  • Emerxencias (Protección Civil): 981 704048 pcivil@carballo.gal
  • Servizos Sociais: 981 704706
  • Brigada municipal de obras e servizos: 609 846387
Link e método de acceso á aplicación móviles para avisos de deficiencias no funcionamiento dos servizos municipals
Teléfonos de contacto para avisos de urxencias nos servizos municipals que se indican:
  • Limpeza viaria: 647 763276
  • Control de pragas: 606 400915
  • Recollida de lixo e punto limpo: 636 333619
  • Canceira: 981 701722 (policía local)
  • Limpeza de praias: 981 704048 (protección civil)
  • Cemiterio municipal: 628 501652
  • Alumeado público: 902 350365
  • Ciclo integral da auga: 900 907363

3) En caso de que non se dispuxese de medios telemáticos e para aqueles supostos de urxencia, o Concello atenderá presencialmente previa petición de cita telefónica, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

4) Os servizos administrativos municipals funcionarán con porta pechada de 9:00 a 14:00 horas, dun modo reducido, equivalente a uns servizos mínimos, que se fixan en unha persoa cada un dos seguintes Servizos:

  • Conserxería Casa do Concello.
  • Estatística (Padrón Municipal de Habitantes)
  • Rexistro de entrada e saida, oficina principal. Os rexistros auxiliares permanecerán pechados.
  • Secretaría Xeral
  • Rexistro de facturas telemático (Intervención)
  • Pago a provedores (Tesourería)
  • Departamento de Informática
  • Departamento de Obras e Vías públicas

Os/as empregados/as municipais que acudan a prestar estes servizos deberán realízalo en días alternos, polo que se organizarán quendas polos/as correspondentes Xefes/as de Servizo.

5) Dada a situación de crise sanitaria e tendo en conta o disposto polo Gobernó de España, a Policía Local e o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil continuarán coa prestación dos respectivos servizos de xeito ordinario, que poderán ser reforzados cando a situación o requira.

6) Os Servizos Sociais Municipals e a UCA, dado o seu carácter asistencial e sanitario, respectivamente, quedarán suxeitos no desenvolvemento do seu traballo aos protocolos establecidos polos/as responsables de Área, facilitando sempre que se poida o teletraballo aos empregados públicos que prestan servizo nestes Departamentos.

7) O persoal municipal que non preste servizos dun modo presencial deberá estar dispoñible coa finalidade de prestar servizo ou reemplazar aos compañeiros cando fosen requiridos.

8) Quedan suspendidas as sesións periódicas ou ordinarias dos órganos colexiados municipais (Pleno da Corporación, Xunta de Goberno Local, Comisións Informativas, etc. a excepción da Comisión de Seguimento do C0VID- 19 ou calquera outra que fose preciso celebrar.

9) A Comisión de seguimento do COVID-19 estudará entre outros temas, a colaboración coas autoridades sanitarias, a atención á cidadanía, en especial ás persoas máis vulnerables, a suspensión de cobro de taxas, así como todos aqueles aprazamentos e fraccionamentos de taxas, impostos, etc, que fose preciso levar a cabo para os sectores económicos afectados pola crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Descargas

Compartir: