Inicio Carballo ao día Novas Continúan a bo ritmo as obras de...

Continúan a bo ritmo as obras de reurbanización e mellora da accesibilidade na avenida das Flores

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, achegáronse ata o punto no que se están a realizar os traballos

Xoves 6 de febreiro do 2020

As obras na avenida das Flores continúan a moi bo ritmo, e o treito comprendido entre as rúas Orquídea e Flor do Toxo está practicamente listo, como puideron comprobar o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas.

Nestes momentos estase a traballar no segundo dos tres treitos nos que foi dividido o proxecto para intentar causar as mínimas molestias posibles tanto ás persoas residentes coma ás usuarias da vía, en especial ao transporte escolar. De feito, a obra que está a executar a empresa Construcciones Cernadas S.L. afecta a máis de 500 metros de vía. A fase actual, que é a máis longa, estenderase ata a rúa Xuncos.

O orzamento da actuación que se está a desenvolver acada os 800.000 euros, financiados na súa totalidade pola Deputación da Coruña. A rúa contará con novos servizos urbanísticos, e en superficie habilitaranse dous carrís de tres metros de ancho con zonas de aparcamentos, e beirarrúas cun ancho medio de 2,40 metros, para mellorar a accesibilidade.

Compartir: