Inicio Carballo ao día Avisos Nova quenda de inscricións para a segunda...

Nova quenda de inscricións para a segunda fase da Escola Ambiental de Senda Nova

Sábado 25 de xaneiro do 2020

A oitava edición da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo segue o seu curso no ano 2020.

Ata o 25 de febreiro está aberta unha nova quenda de apuntamentos para nenos e nenas dos colexios carballeses que cursen entre 3º e 6º cursos de primaria. Os/as interesados/as poden enviar un correo electrónico a sendanova@hotmail.com ou chamar aos números de teléfono 611037614 ou 611037617.

A Escola Ambiental é un proxecto ambicioso e continuado no que cada unha das edicións se estende entre novembro e xullo a través de dinámicas de coñecemento do entorno natural, cultural e paisaxístico realizadas en sesións semanais de aula e tamén no medio.

As sesións de aula celébranse no Espazo da Natureza de Oza, onde a propia Escola Ambiental conta de parcelas cultivables dentro e fóra do invernadoiro.

O prezo da matrícula (30€) é a única cantidade a aboar por parte das familias. Aquí tes máis información sobre a Escola Ambiental.

Compartir: