Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Deputación investirá máis...

A Deputación investirá máis de 300.000 euros na mellora da seguridade viaria na estrada da Feira de Berdillo ao Moucho

O proxecto foi aprobado pola corporación provincial no último pleno do ano

Venres 20 de decembro do 2019 Carballo ao día

A corporación provincial aprobou no último pleno do ano o proxecto de mellora do firme da estrada DP 1904, da Feira de Berdillo ao Moucho, que supón un investimento de 310.777,69 euros.

As obras consistirán na limpeza, o fresado da vía e a regularización das zonas danadas ou deformadas e, por último, a aplicación dunha nova capa de mestura bituminosa en quente. O proxecto, que abrangue 2,5 quilómetros de estrada, permitirá seguir mellorando a seguridade viaria, como demanda a veciñanza a través do Consello Parroquial de Verdillo.

Compartir: