Inicio Carballo ao día Avisos Xa podes recoller no Museo de Bergantiños,...

Xa podes recoller no Museo de Bergantiños, de balde, o calendario de mesa para o 2020

Mércores 18 de decembro do 2019

Xa podes recoller no Museo de Bergantiños, de balde, o calendario de mesa do Concello de Carballo para o ano 2020. Nesta ocasión, a Concellaría de Normalización Lingüística convídanos a utilizar o galego nas actividades que se desenvolven ao longo de todo o ano co título "Agasalla lingua, agasalla Carballo". Ademais, o almanaque inclúe teléfonos de interese. 

As persoas interesadas poden recoller o seu exemplar, ata fin de existencias, nos horarios habituais do Museo de Bergantiños: de martes a venres, de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas, e os sábados e os domingos de feira de 11.00 a 14.00 horas.

Compartir: