Inicio Carballo ao día Novas Xa temos máis de 100 familias...

INFÓRMATE!

Xa temos máis de 100 familias comprometidas co proxecto “Ti tes a chave” para a recollida selectiva dos residuos orgánicos

Aos 30 grandes produtores que tamén están adheridos sumouse hoxe Vegalsa, a primeira cadea de alimentación que aposta pola compostaxe no noso concello

Xoves 21 de novembro do 2019

Despois dunha intensa mañá de visitas na carpa informativa instalada na rúa Coruña, o proxecto de recollida selectiva dos residuos orgánicos que estamos a poñer en marcha na zona urbana de Carballo conta xa con máis 100 familias adheridas. O obxectivo é chegar a 2.000, polo que a cifra de partida semella moi boa. Hoxe foi, de feito, o primeiro día de presenza na rúa do programa, que é pioneiro en Galicia e que ten como finalidade acadar o obxectivo fixado pola Unión Europea de que no ano 2020 sexa reciclado o 50% dos residuos urbanos.

Se ti tamén queres contribuír só tes que achegarte a calquera dos puntos informativose asinar o documento de adhesión. Poderás atopar ao persoal da campaña en calquera destes lugares. Toma nota:

  • De luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas, no local de Carballo Limpo situado nas galerías do edificio da antiga Casa de Chinto.
  • De luns a venres, de 19.00 a 21.00 horas, no posto habilitado no Mercado Municipal, xunto ás escaleiras de acceso dende a Praza do Concello.
  • Os xoves, de 10.00 a 13.30 horas, no stand da rúa Coruña.
  • Os sábados, de 11.30 a 13.30 horas, no Centro Comercial Gadis-Híper.

Cada familia participante recibirá un kit que consta de un caldeiro de 10 litros de capacidade, tres atados de bolsas compostables personalizadas, un tríptico informativo e unha chave para abrir un dos contedores que se colocarán na vía pública para depositar os bio-residuos.

Ademais do voluntariado familiar, tamén se están a realizar visitas aos grandes produtores para deseñar una campaña á súa medida. Xa son 31 as empresas adheridas, e a última en facelo, hoxe mesmo, foi Vegalsa, a primeira cadea de alimentación de Carballo que se compromete a separar os bio-residuos nos seus dous centros de traballo na localidade e a contribuír, deste xeito, á compostaxe da materia orgánica.

Compartir: