Inicio Carballo ao día Avisos Reordenación do tráfico na...

Reordenación do tráfico na Milagrosa para facilitar o desenvolvemento da feira do domingo

Mércores 6 de novembro do 2019

As obras de reurbanización da contorna do Fórum Carballo, que se centran nestes momentos no treito da rúa Xílgaro comprendido entre a rotonda e a avenida da Milagrosa, obrigarán a reordenar o tráfico na zona para facilitar o desenvolvemento da feira do domingo 10 de novembro.

Unha parte dos postos serán resituados na avenida da Milagrosa, na que quedará inhabilitado o carril de circulación correspondente aos números impares. Nese carril quedará prohibido tamén o estacionamento a partir do sábado pola noite.

A circulación realizarase con normalidade polo carril contrario, mentres que os vehículos que circulen procedentes da zona de Coristanco cara o centro de Carballo serán desviados pola rúa Río Anllóns.

Dende a Concellaría de Mobilidade pedimos desculpas polas molestias que se poidan ocasionar e agradecemos a colaboración veciñal á hora de atender as indicacións dos axentes da Policía Local.

Compartir: