Inicio Carballo ao día Novas 25.981 veciños e veciñas de...

ELECCIÓNS XERAIS 10N

25.981 veciños e veciñas de Carballo poderán votar o vindeiro domingo nun total de 41 mesas electorais

Martes 5 de novembro do 2019

O 10 de novembro están chamadas ás urnas un total de 25.981 veciñas e veciños do noso concello. O número de mesas electorais aumenta de 39 a 41 ao dividirse as mesas existentes no Fórum Carballo e no CEIP Bergantiños por superar o milleiro de electoras/es.

As persoas elixidas no sorteo informático para formar parte das mesas electorais xa recibiron a comunicación oficial do Concello, e os distintos departamentos municipais están a realizar todos os preparativos para a xornada electoral. As 82 urnas necesarias para as votacións (41 para depositar as papeletas do Congreso e outras tantas para as do Senado) atópanse, como podedes ver na fotografía, dispostas na planta baixa da casa do Concello para saír cara os seus destinos.

Compartir: