Inicio Carballo ao día Avisos O xefe da Inspección Provincial de...

O xefe da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña falará na Axober Work Party sobre o control horario

Luns 21 de outubro do 2019

Despois da boa acollida que tivo o ano pasado a xornada sobre o Regulamento Europeo de Protección de Datos, a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños volve a apostar por un tema moi actual e de interese xeral para a Axober Work Party 2019: o control horario. O artículo 34.9 do Estatuto dos Traballadores (modificado polo Real Decreto Ley 8/2019, de 8 de marzo, de medidas urxentes de protección social e de loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo, establece que a empresa garantirá o rexistro diario da xornada dos traballadores. É, polo tanto, unha cuestión que afecta tanto a empresarios/as como a traballadores/as.

Para despexar todas as dúbidas que poidan existir sobre a aplicación da lei estará en Carballo Benigno Sánchez García, xefe da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña, dependente do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Como vén sendo habitual, a Axober Work Party, que conta coa colaboración do Concello de Carballo, celebrarase na nave 1 do Fórum e manterá o formato de encontro de traballo e café. A cita está programada para o 8 de novembro a partir das 17.00 horas. Benigno Sánchez centrará a súa intervención na recente aplicación do control horario e atenderá todas as dúbidas ou preguntas que queiran formular as persoas asistentes.

O prazo de inscrición xa está aberto. Aínda que a entrada é libre e de balde, por cuestións de organización pregamos ás persoas interesadas que confirmen asistencia a través do do número de teléfono 981 756 313, do correo electrónico información@axober.org ou enviando unha mensaxe a través da páxina de Axober en Facebook.

Compartir: