Inicio Carballo ao día Novas O goberno municipal propón destinar...

PLENO ORDINARIO

O goberno municipal propón destinar á mellora de servizos nas parroquias a totalidade do superávit do ano 2018

A corporación municipal aprobará o luns un investimento de 1,3 millóns de euros para dar resposta a distintas peticións dos consellos parroquiais

Venres 27 de setembro do 2019

Imaxe da rolda de prensa de hoxe

Imaxe da rolda de prensa de hoxe

Unha das propostas que presentará o goberno municipal no pleno ordinario de setembro é a modificación orzamentaria precisa para investir os 1,3 millóns de superávit resultante da liquidación do presuposto do ano 2018. O executivo que preside Evencio Ferrero defende que esa cantidade se destine de maneira íntegra á mellora dos servizos públicos nas parroquias, atendendo, ademais, peticións emanadas dos consellos parroquiais, tal como explicaron hoxe en rolda de prensa o propio alcalde e a concelleira de Contratación e Planificación, Milagros Lantes.

A proposta concreta é a seguinte:

  • Mellora da capa de rodadura da vía de Xamozo (Artes) a Santa María (Ardaña) con aglomerado: 245.748,87 euros
  • Mellora da capa de rodadura da vía de Paradela a Prearada (Sofán) con aglomerado: 232.369,84 euros
  • Conservación e mellora de pavimentos en varios lugares de Rus, Artes e Oza: 315.474,89 euros. Neste caso trátase de acondicionar con cemento a parte frontal da igrexa de Rus tras a retirada dos postes polo soterramento do cableado, para “darlle realce e prestixio como merece a igrexa”, sinalou o alcalde. En Artes atenderase a petición do consello parroquial de pavimentar con cemento a pista de acceso ao renovado centro social, e en Oza, atendendo outra petición vecinal, pavimentarase o campo da festa con cemento e con cespeado portante para a zona de estacionamento.
  • Rede de abastecemento de auga dende Santa María de Ardaña ata Canosa (Rus): 323.203,69 euros
  • Rede de saneamento na parroquia de Artes: lugares de Altiboa, Vilarvello, O Alto, Vilanova e Baltar: 199.884,67 euros
O resto dos asuntos que se abordarán na sesión figuran na convocatoria anexa.

Descargas

Compartir: