Inicio Carballo ao día Novas Comezou a selección de aspirantes a formar...

CONSULTA AQUÍ AS PUNTUACIÓNS

Comezou a selección de aspirantes a formar parte da segunda promoción de cociñeiros/as da Escola Municipal de Hostalaría

Ao primeiro exame, celebrado o martes no Fórum Carballo, presentáronse 30 das 39 persoas inscritas e todas acadaron a nota mínima para pasar á seguinte fase

Martes 24 de setembro do 2019

O exame celebrouse no auditorio do Fórum Carballo

O exame celebrouse no auditorio do Fórum Carballo

O auditorio do Fórum Carballo acolleu o martes 24 a primeira proba do proceso selectivo de alumnado para o segundo curso de cociña que impartirá a Escola Municipal de Hostalaría. Ademais do director da escola, Fernando Agrasar; o profesor José Manuel Martínez e a técnica municipal Milagros Antelo, que ofreceron as explicacións oportunas aos candidatos e candidatas e seguiron o desenvolvemento do exame, tamén se achegou ata o Fórum o concelleiro de Formación e Emprego, Iván Andrade.

Finalmente presentáronse 30 das 39 persoas que estaban inscritas, e todas acadaron a nota mínima para pasar á seguinte fase. As puntuacións figuran na listaxe que pode descargarse ao final desta nova. Os/as candidatos/as poderán presentar as reclamacións que consideren oportunas no prazo máximo de tres días hábiles dende a data da publicación dos resultados.

José Manuel Martínez, Iván Andrade, Milagros Antelo e Fernando Agrasar, na explicación previa ao exame

José Manuel Martínez, Iván Andrade, Milagros Antelo e Fernando Agrasar, na explicación previa ao exame

O segundo exercicio celebrarase o martes 1 de outubro, a partir das 10.00 horas, no mesmo lugar. Os/as aspirantes serán convocados por orde alfabética en chamamento único, tal e como se indica na listaxe. Nesta proba o tribunal valorará ás/aos aspirantes en relación a súa actitude, motivación e interese pola acción formativa, a súa traxectoria laboral no sector da hostalaría e a súa idoneidade para o posto de traballo. Terase en conta a súa dispoñibilidade horaria e xeográfica así como a súa actitude de cara ao mercado de traballo.

Neste sentido, os/as aspirantes deben aportar toda a documentación curricular que posúan para que o tribunal poida avaliala (curriculum, contratos de traballo vinculados ao sector, vida laboral, cursos de formación…etc). Aos/as candidatos/as que non presenten documentación non se lles terá en conta no proceso de selección, polo que non será valorada.

Descargas

Compartir: