Inicio Carballo ao día Novas 47 nenas e nenos iniciaron o curso nos obradoiros...

47 nenas e nenos iniciaron o curso nos obradoiros do Horto Infantil Ecolóxico Municipal

Na quenda de martes e venres hai tres prazas vacantes, e para o resto dos obradoiros poden presentarse solicitudes en agarda

Xoves 19 de setembro do 2019

Esta semana empezou o curso para 47 nenos e nenas no Horto Infantil Ecolóxico Municipal. No obradoiro de martes e venres quedan 3 prazas vacantes, polo que as familias interesadas poden presentar solicitude descargando e cubrindo o impreso que atoparedes ao final desta nova. Ademais, o Horto Infantil Ecolóxico Municipal mantén abertas as inscricións en agarda, o que permitirá cubrir as posibles baixas.

Nestes primeiros días de actividade a experiencia xa está resultando moi produtiva para os grupos de infantil e primaria, que estiveron a regar e a preparar o terreo para os cultivos de tempada. Máis adiante sumaránselles outros 15 nenos e nenas de 3 anos, que para daquela terán como “mestres” aos compañeiros e compañeiras máis maiores.

O Horto Infantil Ecolóxico Municipal é unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica para poñer aos nenos e nenas en contacto coa natureza e a terra, poñer a disposición das familias unha ferramenta de apoio ao labor educador e formativo dos centros de ensino e converterse nun laboratorio de novas ideas e técnicas que fomenten o espírito emprendedor dende a infancia.

Descargas

Compartir: