Inicio Carballo ao día Novas Abarrote na Praza do Concello na primeira xornada...

O FESTIVAL GASTRONÓMICO CONTINÚA A FIN DE SEMANA

Abarrote na Praza do Concello na primeira xornada do Carballo Food Truck Fest

O concelleiro de Formación e Emprego, Iván Andrade, que participou na apertura dos actos, puxo en valor o produto e a restauración locais

Venres 13 de setembro do 2019

Así estaba a Praza do Concello á hora da cea

Así estaba a Praza do Concello á hora da cea

O Carballo Food Truck Fest abarrotou a Praza do Concello. Sobre todo á hora da cea, na que se formaron longuísimas colas fronte aos mostradores das furgonetas. A primeira xornada comezou con cinco, xa que a sexta sufriu unha avaría de camiño a Carballo, pero aínda así a oferta foi variada e o suficientemente atractiva como para acadar o cheo xa dende o primeiro obradoiro infantil.

O concelleiro Iván Andrade cos cociñeiros

O concelleiro Iván Andrade cos cociñeiros

O festival gastronómico arrincou oficilamente pouco despois das 18.00 horas coa presentación dos tres cociñeiros e a cociñeira que ofrecerán os catro showcookings programados. O primeiro foi o de Álvaro Victoriano, dos restaurantes Peculiar e Intenso da Coruña, que xa se estreou ao momento. O sábado estarán á fronte da cociña Marcos Seoane, do Restaurante Río Sil, que nos explicará pola mañá todo o que hai que saber sobre a carne, e Rocío Martínez, do Pementa Rosa, que preparará un arroz e outros pratos pola tarde. E o domingo pechará, probablemente cunha proposta doce, o terceiro carballés, Chisco Ramos, do Restaurante A Esmorga. Con eles estivo no acto de apertura do Food Truck Fest o concelleiro de Formación e Emprego, Iván Andrade, que na súa intervención puxo en valor, precisamente, o produto e a restauración locais.

Hamburguesas premium, bocadillos gourmet, gastronomía orixinal e saudable, tapas diferentes, cociña veggie, viños de autor, cervexas especiais, sesión vermú, cociña en directo, produtos de proximidade… todo isto e moito máis nesta iniciativa da Concellaría de Promoción Económica, que continuará durante a fin de semana.

Programa

Obradoiros infantís

Obradoiros infantís

SÁBADO 14
12.00 h. Showcooking con Marcos Seoane, de Restaurante Río Sil.
12.00 h. Obradoiro de cociña divertida para nenas e nenos.
13.00 h. Sesión vermú con Dj Pop Voyage.
17.30 h. Obradoiros infantís.
18.00 h. Showcooking con Rocío Martínez, do Restaurante Pementa Rosa.
19.00 h. Obradoiros infantís.
21.00 h. Concerto: Reconversión.
23.00 h. DJ Pop Voyage.
02.00 h. Peche.

DOMINGO 15
12.00 h. Showcooking con Chisco Ramos, do Restaurante A Esmorga.
12.00 h. Obradoiro de cociña divertida para nenas e nenos.
13.00 h. DJ Sesión vermú.
17.00 h. Peche.

Compartir: