Inicio Carballo ao día Novas 1.291 persoas de todas as idades inician as...

1.291 persoas de todas as idades inician as actividades deportivas organizadas polo Concello de Carballo

A maiores, o 1 de outubro incorporaranse ás clases os/as participantes no programa de exercicio físico para maiores

Martes 10 de setembro do 2019 Deporte

A natación é a actividade con máis demanda

A natación é a actividade con máis demanda

Un total de 1.291 persoas participan este curso nas actividades deportivas dirixidas que organiza o Concello de Carballo a través da Concellaría de Deporte. Dende mañá e ata finais de xuño os/as monitores/as impartirán 5.972 sesións de actividade para grupos diversos en canto a modalidade deportiva ou idade, xa que entre os/as asistentes ás clases hai carballeses e carballesas de cero a noventa anos.

A oferta de actividades con monitor/a é a seguinte:

  • Escola de natación infantil
  • Natación para bebés
  • Natación para embarazadas
  • Escola de natación para adultos: iniciación e perfeccionamento
  • Natación 3ª idade
  • Acondicionamento físico

A maiores, o día 1 de outubro comezará o programa de exercicio físico para maiores tanto na vila coma nas parroquias, o que elevará ata preto das 2.000 as persoas participantes nas actividades de deporte e saúde promovidas polo Concello.

Descargas

Compartir: