Inicio Carballo ao día Avisos A praia de Arnela estará pechada o luns 5...

A praia de Arnela estará pechada o luns 5 para a rodaxe dunha serie de televisión

Mércores 31 de xullo do 2019

A praia de Arnela estará pechada o luns día 5 de agosto para facilitar a rodaxe dunha nova serie de ficción para TVE que se titulará Néboa. Trátase dunha serie ambientada nunha misteriosa illa na que no transcurso do Entroido se producen unha serie de misteriosos asasinatos.

A serie rodarase integramente en Galicia, e está concibida para a súa emisión en prime time de Televisión Española. Un dos obxectivos da rodaxe é amosar as espectaculares paisaxes galegas, entre elas a nosa costa.

A rodaxe levarase a cabo entre as 08.00 e as 22.00 horas, durante as cales non poderá accederse á praia. Arnela será o escenario de ficción da aparición dunha barca varada na area que é localizada pola Garda Civil, unha escena que implicará o desprazamento ata o litoral carballés dun equipo técnico e artístico formado por unhas corenta persoas.

Compartir: