Inicio Carballo ao día Avisos Programado para o venres 12 pola...

Programado para o venres 12 pola mañá un corte de tráfico na zona do Fondal por obras

Xoves 11 de abril do 2019

A empresa concesionaria do ciclo integral da auga iniciou hoxe as obras da acometida de auga e saneamento a unha vivenda situada no Fondal (Bértoa). A execución dos traballos obrigará durante a xornada do venres 12 a realizar un corte de tráfico no treito que aparece marcado na imaxe adxunta. Segundo informou a empresa Gestagua, o corte levarase a cabo entre as 09.00 e as 14.00 horas, aproximadamente.

Desculpade as molestias. 

Compartir: