Inicio Carballo ao día Avisos Consulta as listas do censo electoral do 11 ao 18...

Consulta as listas do censo electoral do 11 ao 18 de marzo

Mércores 6 de marzo do 2019

Con motivo das Eleccións a Cortes Xerais 2019 que se celebran o 28 de abril de 2019, dende o día 11 e ata o 18 de marzo de 2019 poderán consultarse as listas do Censo Electoral vixente para as mesmas.

O Censo Electoral será o pechado a 1 de xaneiro de 2019, que recolle os movementos producidos ata o día 28 de decembro de 2018. Estes son os lugares de consulta:

  • 1º andar do Concello, padrón de habitantes, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, con presentación de documento de identidade
  • Consulados
  • Delegación Provincial do Censo Electoral
  • Teléfonos 981 217 439, 981 217 426 e 901 101 900

Compartir: