Inicio Carballo ao día Novas As obras de mellora da accesibilidade na...

As obras de mellora da accesibilidade na rúa Laracha entran na súa recta final

A falta das últimas conexións, os servizos soterrados xa están listos e empezaron os traballos na superficie

Martes 12 de febreiro do 2019

Evencio Ferrero e Luis Lamas realizaron unha visita ás obras

Evencio Ferrero e Luis Lamas realizaron unha visita ás obras

As obras de mellora da accesibilidade na rúa Laracha avanzan a moi bo ritmo. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, puideron comprobar a pé de obra que os servizos soterrados está listos, a falta de algunha conexión, e que, de feito, na marxe esquerda, onde se concentran as vivendas, xa se está a traballar na superficie.

O proxecto, executado pola empresa Construcciones Ramón Vázquez y Reino por un importe de 92.807 euros, inclúe a renovación de todos os servizos ao longo dos 133 metros de lonxitude da rúa. Así, cambiáronse as canalizacións da rede de abastecemento de auga, que eran de fibrocemento; instalouse rede separativa de pluviais e residuais, que non existía, e completouse a canalización de gas.

Nestes momentos estanse colocando os bordillos das beirarrúas, e por último procederase á reposición do pavimento, o pintado da vía e das prazas de aparcamento e a colocación de sinais de tráfico novos.

Compartir: