Inicio Carballo ao día Novas Adxudicadas as obras de aglomerado da vía...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicadas as obras de aglomerado da vía do Igrexario de Lema á Vixía e de soterramento do cableado na contorna da igrexa de Rus

Aprobado un novo protocolo de colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local para garantir o cumprimento das medidas xudiciais de protección ás vítimas de violencia de xénero

Luns 11 de febreiro do 2019

Igrexa parroquial de Rus

Igrexa parroquial de Rus

A Xunta de Goberno Local aprobou na súa xuntanza de hoxe a adxudicación de varios contratos de obras e servizos. Entre eles figuran o de aglomerado da estrada do Igrexario de Lema á Vixía, que executará Construcciones López Cao cun orzamento de 206.728,50 euros, e o de soterramento do cableado da contorna da igrexa de Santa María de Rus, que levará a cabo Construcciones Ramón Vázquez y Reino por 40.898 euros.

Así mesmo, a empresa Vehículos, Equipamientos y Carrocerías Prieto-Puga subministrará un novo camión autobomba contraincendios para Protección Civil, que custará 216.887,66 euros, e Breogán Motor, un novo vehículo todoterreo híbrido para a Policía Local, por importe de 41.327,01 euros.

Na Xunta de Goberno Local de hoxe tamén foi aprobado o protocolo de colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local para garantir o cumprimento das medidas xudiciais de protección ás vítimas de violencia de xénero (Viogén).

En materia económica deuse luz verde ao pago de facturas por importe de 35.835,22 euros e do resumo de ingresos de caixa e da recadación municipal correspondente aos meses de outubro, novembro e decembro, que suman 430.981,82 euros de caixa; 6.108.831,04 da recadación e impostos e taxas no período voluntario e 65.856,68 do período executivo.

Vaos, solicitude de subvencións e licenzas, entre elas a correspondente a unha nave destinada a garaxe e oficinas dunha empresa de transporte no polígono industrial de Bértoa, completaron a convocatoria. Fóra da orde do día aprobáronse a solicitude dunha axuda á Deputación da Coruña para o festival Carballo Interplay e un convenio de colaboración co Bergantiños Fútbol Club. Na Xunta de Goberno Local de hoxe tamén foi aprobado o protocolo de colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local para garantir o cumprimento das medidas xudiciais de protección ás vítimas de violencia de xénero (Viogén).

Compartir: