Inicio Carballo ao día Novas Xa está en marcha a campaña anual...

Xa está en marcha a campaña anual de podas, que se prolongará ata mediados de febreiro en todas as parroquias

Hoxe remataron os traballos nos centros educativos, onde se aproveitaron as vacacións de Nadal para revisar todas as árbores

Luns 7 de xaneiro do 2019

Poda na rúa do cemiterio municipal

Poda na rúa do cemiterio municipal

A campaña anual de podas xa está en marcha. Cinco persoas traballarán durante algo máis de dous meses para poñer a punto as centos de árbores situadas en espazos públicos en todo o concello.

Durante as vacacións de Nadal, aproveitando que non hai alumnado, os labores centráronse nos centros escolares, onde remataron hoxe mesmo, pero o equipo de poda leva traballando xa case un  mes na parroquia de Carballo. Ata a finais da semana que vén actuarán na zona da Milagrosa, a Praza do Concello e nas árbores de aliñación que temos nas rúas urbanas, e a partir de aí percorrerán o resto das parroquias, porque temos espazos públicos arborados en todas.

O equipo de poda está integrado por 5 persoas

O equipo de poda está integrado por 5 persoas

Os obxectivos da campaña de poda son, por unha banda, o saneamento e a mellora da conservación das árbores, e, por outra, o incremento da seguridade. Con este obxectivo está a realizarse unha revisión de cada un dos exemplares para eliminar as ramas secas ou que poidan supoñer un perigo para os/as usuarios/as dos espazos públicos. Polo demais, a poda realizarase de xeito que as árbores manteñan a súa forma natural.

Compartir: