Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo vén de investir...

O Concello de Carballo vén de investir 80.000 euros nun novo tractor con desbrozadora de brazo

O vehículo, a disposición xa da Brigada Municipal de Obras, permitirá intensificar e axilizar a limpeza da rede viaria municipal

Luns 3 de decembro do 2018 Carballo ao día

O condutor do tractor, xunto ao alcalde e o concelleiro de Obras e Servizos

O condutor do tractor, xunto ao alcalde e o concelleiro de Obras e Servizos

Xa está circulando pola rede viaria municipal o novo tractor con desbrozadora de brazo adquirido polo Concello de Carballo. O alcalde, Evencio Ferrero, asinou o venres o contrato coa empresa adxudicataria do subministro, Fariña Maquinaria S.L., e hoxe pola mañá tivo lugar a entrega do vehículo, no que se realizou un investimento de 81.070 euros.

O tractor, da marca New Holland, estará ao servizo da Brigada Municipal de Obras, e a súa misión principal será a limpeza da rede viaria municipal. Con este novo vehículo poderán intensificarse e axilizarse os labores de roza, que este ano víronse entorpecidos, precisamente, pola avaría dun dos dous vehículos municipais.

Persoal da Brigada Municipal de Obras asistiu as explicacións iniciais sobre o funcionamento do vehículo

Persoal da Brigada Municipal de Obras asistiu as explicacións iniciais sobre o funcionamento do vehículo

Hoxe tanto o traballador municipal que será o condutor habitual do tractor coma os seus compañeiros, o xefe da Brigada Municipal de Obras, José María Vázquez Vilar; o concelleiro de Obras, Luis Lamas Álvarez, e o alcalde asistiron na Praza do Concello á entrega do vehículo e ás explicacións iniciais ofrecidas polo responsable da empresa subministradora do vehículo.

Compartir: