Inicio Carballo ao día Avisos Previstos para esta semana os traballos de...

Previstos para esta semana os traballos de pavimentación do carril de circulación da rúa Sol, que obrigarán a pechar o acceso a residentes

Domingo 11 de novembro do 2018

Para estes días prevese unha melloría do tempo, o que permitirá acometer a pavimentación do carril de circulación da rúa Sol. As obras realizaranse por tramos, e para garantir o bo acabado final do formigonado será preciso pechar a rúa completamente ao tráfico nos días posteriores aos traballos de pavimentación.

Dende o Concello de Carballo pedimos desculpas por anticipado ás persoas residentes, ao tempo que agradecemos a súa colaboración durante toda a execución do proxecto de reurbanización.

Cos traballos desta semana rematará a obra, que executa a empresa Construcciones Vázquez y Reino e que que incluíu a renovación de todos os servizos urbanísticos. A partir de aí só quedarán pendentes a instalación de mobiliario urbano e o axardinamento. Ademais de modernizar os servizos, o proxecto, que ten un investimento de 291.973 euros, permitirá mellorar a accesibilidade ao longo dos 214 metros de rúa, desde Martín Herrera ata a glorieta. Neste punto crearase un novo espazo público con bancos e vexetación.

Compartir: