Inicio Carballo ao día Novas Gustaríache traballar coma electricista?...

Gustaríache traballar coma electricista? Fórmate no curso para persoas desempregadas que organizamos no Fórum

A acción formativa forma parte do Plan AFD, inclúe prácticas en empresas e leva aparellada a obtención dun certificado oficial de profesionalidade

Sábado 10 de novembro do 2018

Aula de electricidade no Fórum Carballo

Aula de electricidade no Fórum Carballo

Ao alumnado que está a formarse xa no obradoiro de emprego de carpintería e no curso AFD de soldadura oxigás e MIG-MAG no Fórum Carballo unirase en breve outro grupo de 15 persoas que poderán saír preparadas para traballar como instaladores/as electricistas de edificios e vivendas ou en xeral. O prazo de participación está aberto, e os/as interesados/as deben dirixirse, de luns a venres en horario de mañá, ás oficinas municipais situadas no segundo andar do edificio administrativo do Fórum.

Os únicos requisitos para participar son atoparse en situación de desemprego e ter o graduado en ESO (ou ben as competencias clave de nivel 2 ou ben un certificado de profesionalidade de nivel I da mesma familia e área profesional de electricidade e electrónica ou ben un anterior de nivel 2 de calquera familia profesional).

Coma o resto dos cursos AFD, o de MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS DE BAIXA TENSIÓN inclúe prácticas en empresas, módulos transversais sobre formación para a igualdade, inserción laboral, sensibilización medioambiental, creación de empresas e prevención de riscos laborais, e ademais leva aparellada a obtención dun certificado oficial de profesionalidade.

O curso terá unha duración de 930 horas, dende o 3 de decembro do 2018 ata o mes de setembro do 2019. O horario das clases será de 09.00 a 14.00.

No documento adxunto atoparás información máis detallada, e para calquera outra consulta podes chamar de luns a venres ao 981 709 010 ou 981 709 011 en horario de mañá.

Descargas

Compartir: