Inicio Carballo ao día Novas Rematadas as primeiras obras do novo plan de...

O INVESTIMENTO TOTAL ACADA 1,4 MILLÓNS DE EUROS

Rematadas as primeiras obras do novo plan de aglomerados, que continuará este ano noutras catro vías estruturantes

O goberno municipal tamén continuará coa pavimentación con cemento de núcleos singulares no Rodo, onde as obras xa están adxudicadas, e no Castrillón

Venres 20 de xullo do 2018

Belén Lendoiro, Luis Lamas e Evencio Ferrero, en Aldemunde

Belén Lendoiro, Luis Lamas e Evencio Ferrero, en Aldemunde

As primeiras obras do novo plan de aglomerado de vías estruturantes xa están rematadas, só pendentes da delimitación con pintura dos carrís de circulación. Os traballos desenvolvéronse, por unha banda, na zona de Baldaio, onde foron acondicionados 4,3 quilómetros de estrada nas parroquias de Noicela, Lema e Rebordelos. Pero no proxecto, executado pola empresa Lancer cun orzamento de 221.323,75 euros, tamén se incluíu o aglomerado de máis de 1.000 metros de vía entre os lugares de A Fonte e Aldemunde de Arriba. Precisamente ata Aldemunde desprazáronse o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Obras, Luis Lamas, e a concelleira de Facenda, Belén Lendoiro, para comprobar o resultado da actuación, que, como no outro caso, fora moi demandada polo consello parroquial.

Para este ano, con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña POS+, está previsto seguir avanzando do plan de aglomerado de vías consideradas estruturantes, con catro proxectos que beneficiarán a cinco parroquias: Mirón (Bértoa)-estrada de Razo, cun orzamento de 126.759,76 euros; Bolón-A Gándara (103.881,34 €), A Ponte de Bértoa-O Moucho de Berdillo (216.334,75) e Igrexario de Lema-A Vixía (241.938 €).

O proxecto de pavimentación con cemento no Rodo, na parroquia de Oza, foi adxudicado á empresa Construcciones Vázquez y Reino por 186.340 euros, e as obras empezarán no mes de agosto

Ao mesmo tempo está en marcha un plan de pavimentación con cemento de núcleos singulares, seguindo co modelo utilizado en Cances Grande. O proxecto de O Rodo, na parroquia de Oza, foi adxudicado á empresa Construcciones Vázquez y Reino por 186.340 euros, e as obras empezarán no mes de agosto. E con cargo ao superávit do 2017 acometerase tamén o proxecto de conservación e mellora do núcleo do Castrillón (Lema), cun orzamento de 249.865,92 euros.

En total, entre aglomerados e pavimentacións con cemento, o Concello de Carballo investirá en só dous anos case 1,4 millóns de euros.

Compartir: