Inicio Carballo ao día Novas A piques de comezar as obras de mellora de...

A piques de comezar as obras de mellora de camiños de uso agrícola en cinco parroquias

A empresa Construcciones Vázquez y Reino executará as obras, que teñen un orzamento de 65.098 euros procedentes dos fondos Agader

Venres 13 de xullo do 2018

Na sinatura do contrato estivo presente tamén o concelleiro de Obras e Servizos

Na sinatura do contrato estivo presente tamén o concelleiro de Obras e Servizos

A partir da vindeira semana teremos obras en varios camiños de uso agrícola. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinou o contrato de execución coa empresa Construcciones Vázquez y Reino, que resultou adxudicataria do proxecto de Mellora de camiños municipais 2017-2018, financiado con fondos Agader. O investimento acada os 65.098 euros.

En todos os casos trátase de camiños de terra que soportan unha alta taxa de tráfico de vehículos agrícolas e que precisan unha actuación que garanta a seguridade e a normal circulación. Coa actuación prevista procederase, en función das necesidades de cada un, á limpeza, roza, explanación, apertura de cunetas, construción de gabias e pavimentación con zahorra ou rego asfáltico.

As actuacións previstas son as seguintes:

  • Camiño A Braña-Alborín (Rus): 648 metros de lonxitude e 4 metros de ancho.
  • Camiños do entorno do Freixal (Sofán): trátase de 3 camiños de 365, 95 e 285 metros de lonxitude e unha anchura de 3,5 a 5 metros, que integran o circuíto de tránsito de maquinaria agrícola e forestal que traballa nas fincas lindantes.
  • Camiño Cabanas-Os Petóns (Goiáns e Oza): 765 metros de lonxitude e 4 metros de ancho.
  • Camiño do Monte das Cadiñas (Oza): 350 metros de lonxitude e 4,5 de ancho.
  • Camiño en As Telleiras (Goiáns): 526 metros de lonxitude e 4 de ancho.
  • Camiño Cances-A Granxa (Cances): 655 metros de lonxitude e 5 de ancho.

Compartir: