Inicio Carballo ao día Novas Os alcaldes analizan co presidente do Porto da...

Os alcaldes analizan co presidente do Porto da Coruña o potencial do eixo industrial Carballo-A Laracha-Arteixo

Hoxe mantiveron unha xuntanza na sede da Autoridade Portuaria para avanzar nunha estratexia consulta de desenvolvemento do solo industrial

Xoves 21 de xuño do 2018

A reunión celebrouse hoxe pola mañá na sede da Autoridade Portuaria

A reunión celebrouse hoxe pola mañá na sede da Autoridade Portuaria

O presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Enrique Losada, recibiu esta mañá aos alcaldes dos municipios de Arteixo, Carlos Calvelo; Laracha, José Manuel López, e Carballo, Evencio Ferrero. O principal obxectivo deste encontro foi analizar fórmulas conxuntas para potenciar o eixo industrial que conforman estes municipios e os seus respectivos parques industriais.

Trátase dunha reunión estratéxica no marco da alianza establecida por estes municipios para o desenvolvemento económico da súa comarca, dado o papel do Porto Exterior como vertebrador do tecido industrial da súa área de influencia, que desde Arteixo esténdese cara A Laracha e Carballo. Por tanto, os rexedores realizaron unha posta en común co presidente da Autoridade Portuaria, a través da valoración conxunta das vantaxes que ofrece o Porto Exterior para contribuír ao crecemento destes municipios a través do desenvolvemento dos seus parques empresariais.

A proximidade ás instalacións de Punta Langosteira, así como a gran bolsa de chan industrial que suman os tres municipios, supoñen unha gran oportunidade para establecer sinerxias encamiñadas a promocionar a implantación industrial derivada do crecemento de Punta Langosteira e por tanto a xeración de emprego e riqueza para a zona.

"Reforzar a posición de privilexio dos tres concellos é o obxectivo desta marca industrial que queremos ir establecendo entre Arteixo, A Laracha e Carballo", sinala Evencio Ferrero

Durante a reunión, o presidente da Autoridade Portuaria avanzou algunhas das últimas novidades relativas ao Porto Exterior e a súa actividade. Tamén se analizaron as posibilidades e facilidades que se poderían achegar ás empresas do hinterland, tanto as que traballan actualmente nos sectores con actividade en Punta Langosteira, fundamentalmente graneis enerxéticos e agroalimentarios, como nos que se vaian implantando no futuro.

As xuntanzas a catro bandas terán continuidade “para que todos teñamos consciencia da dimensión desta infraestrutura tan importante e que repercute dunha maneira directa e indirecta ao asentamento industrial nas proximidades deste porto”, sinalou Evencio Ferrero. “Reforzar a posición de privilexio dos tres concellos é o obxectivo desta marca industrial que queremos ir establecendo entre Arteixo, A Laracha e Carballo”, engadiu.

Compartir: