Inicio Carballo ao día Novas Publicadas as notas das probas de acceso a...

O PRAZO DE MATRÍCULA ESTARÁ ABERTO DO 2 AO 16 DE XULLO

Publicadas as notas das probas de acceso a 1º curso de grao elemental e grao medio

As familias do alumnado de 1º de grao elemental están convocadas para o martes 19 para a escolla de instrumentos e elaboración de listas de agarda

Luns 18 de xuño do 2018 Educación Conservatorio

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo fixo públicas as notas das probas de acceso a primeiro curso tanto de grao elemental coma de grao medio. As cualificacións poden consultarse tanto nas oficinas da Concellaría de Educación no Pazo da Cultura (981 704 300) coma no documento adxunto. 

Pais, nais ou titores do alumnado de 1º de grao elemental están convocados para mañá martes ás 17.00 horas para a escolla de instrumentos e a elaboración de listas de agarda.

O alumnado que obtivo praza en 1º de grao elemental e o que superou a proba de acceso a 1º de grao profesional deberá formalizar a matrícula entre o 2 e o 16 de xullo.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: