Inicio Carballo ao día Novas O servizo municipal de control de pragas...

NO MES DE MAIO RECOLLÉRONSE OS PRIMEIROS 9 NIÑOS PRIMARIOS

O servizo municipal de control de pragas dá por rematada a campaña de trampeo da velutina con 10.546 raíñas cazadas

As 425 trampas distribuídas por todo o territorio municipal serán retiradas para non xerar residuos e para evitar que caian nelas outros insectos

Luns 4 de xuño do 2018

Nas 20 trampas colocadas na parroquia de Carballo caeron 1.342 raíñas

Nas 20 trampas colocadas na parroquia de Carballo caeron 1.342 raíñas

O balance da temporada de trampeo da vespa velutina posta en marcha polo Concello de Carballo induce a pensar que este ano debería ser menor a incidencia da praga. Se a campaña arrancou coa captura de 1.950 raíñas no mes de abril, os resultados finais son, un mes despois, moito máis impresionantes e alarmantes, xa que en total foron atrapadas 10. 546 raíñas. Isto supón que se evitou a posible formación doutros tantos niños no noso concello.

As cifras detalladas son as seguintes:

  • Aldemunde-Sofán 234 raíñas
  • Ardaña 590
  • Artes 1.789
  • Berdillo 140
  • Bértoa 454
  • Cances 123
  • Carballo 1.342
  • Entrecruces 242
  • Zona Baldaio 375
  • Razo-Oza 1.600
  • Rus 3.657
  • TOTAL 10.546

O servizo municipal de control de pragas contou de novo coa axuda tanto dos/as apicultores/as. En total colocáronse 425 trampas, distribuías do seguinte xeito: 20 en Carballo, 30 en Ardaña, 20 en Bértoa, 60 en Razo, 40 en Cances, 60 en Berdillo, 20 en Aldemunde, 130 en Rus, 20 en Oza, 10 en Entrecruces, 10 na zona de Baldaio e 5 en Sísamo. Este ano colaboraron moitos particulares e tamén os centos de alumnos e alumnas de todos os colexios de infantil e primaria que participaron na campaña divulgativa desenvolvida durante os meses de xaneiro e febreiro.

Retirada de trampas

As persoas que localicen un niño poden dar aviso ao 112 ou ao 012 para que se poñan en contacto co servizo municipal de control de pragas, que se encargará da súa retirada nun prazo máximo de 48 horas

Agora, unha vez rematada a campaña, procederase de xeito inmediato á retirada desas 425 trampas para non xerar residuos e tamén para evitar que caian nelas outros insectos. Desde o Concello de Carballo agradécese a colaboración de apicultores/as, escolares e cidadanía en xeral neste traballo colectivo contra unha especie invasora que está a incidir moi negativamente tanto na poboación de abellas coma en actividades coma a produción de mel ou de froita.

A campaña de trampeo comezou máis tarde o previsto debido ao mal tempo, que retrasou tamén a aparición de niños primarios. Neste mes de maio, sen embargo, xa se retiraron os 9 primeiros en Baldaio, Bértoa, Carballo, Razo, Sofán, Oza (2) e Sísamo (2). Como nos anos anteriores, as avespas asiáticas escollen alpendres, terrazas e mesmo outros emprazamentos abrigados, coma bloques ou alpacas, para poñer os ovos. Lembramos que as persoas que localicen un niño poden dar aviso ao 112 ou ao 012 para que se poñan en contacto co servizo municipal de control de pragas, que se encargará da súa retirada nun prazo máximo de 48 horas.

Compartir: