Inicio Carballo ao día Novas O tren de Carballo por Etapas fará a...

O tren de Carballo por Etapas fará a súa saída este ano con novo horario e dúas rutas diferenciadas

A inauguración desta nova edición da ruta de tapas está prevista para mañá venres ás 18.00 horas

Xoves 24 de maio do 2018

Este ano hai moitas novidades en Carballo por Etapas, e unha delas é a ampliación do horario e do percorrido do tren turístico, que é un dos grandes reclamos da actividade. Nesta edición haberá dúas rutas, que vos describimos a continuación e que podedes ver dun xeito gráfico no plano adxunto:

  • Percorrido 1 (saídas ás horas en punto): Desiderio Varela por Jacinto Amigo Lera, Martín Herrera, Igrexa (parada para o bar Ginebra e A Cova), San Martiño, Río Anllóns, Río Sil (bar Embajador), Avenida da Milagrosa, Vila de Negreira, A Lagoa (Ágora), Gran Vía (Hórreo), Vázquez de Parga (A Barra Bar), Valle Inclán (Habanos e A Cabaña), Cervantes (A Nova Ferradora), Gran Vía, Doutor Fleming, Vázquez de Parga e Desiderio Varela.
  • Percorrido 2 (saídas ás horas e media): Desiderio Varela, Jacinto Amigo Lera, Martín Herrera (parada para O Mexillón e A de Pako), Praza de Galicia, Fomento (Oasis e As Viandas), Vicente Risco (A Nova Tasca e La Bombonera), Castelao, Alexandre Bóveda, Avenida de Fisterra (Mesón do Pulpo), Vicente Risco, Luis Calvo, Pan (Mio Fratello), Avenida da Cristina, rúa Fábrica, Avenida Ponte da Pedra (Vesuvio), Perú, Enrique Sánchez, Ánxel Fole, Vázquez de Parga e Desiderio Varela.

Con respecto aos horarios, debido á coincidencia de Carballo por Etapas con outras actividades, quedan do seguinte xeito:

  • Venres día 25 de maio: de 19.00 h. a 21.30 h. (última saída de Desiderio Varela ás 21.00)
  • Sábado día 26 de maio: de 12.00 a 14.00 h. e de 19.30 a 21.30 h. (última saída de Desiderio Varela ás 21.00)
  • Domingo día 27 de maio: de 12.00 a 14.00 (dentro deste horario anúlase a volta pola rúa Valle Inclán) e de 18.00 a 21.30h. (última saída de Desiderio Varela ás 21.00) 
  • Venres día 1 de xuño: de 19.00 h. a 21.30 h. (última saída de Desiderio Varela ás 21.00).
  • Sábado día 2 de xuño: de 12.00 a 14.00 h. e de 18.00 a 21.30 h. (última saída de Desiderio Varela ás 21.00)
  • Domingo día 3 de xuño: de 18.00 a 21.30 h. (última saída de Desiderio Varela ás 21.00).

O acto de inauguración de Carballo por Etapas está previsto para mañá venres ás 18.00 horas. Os 18 locais participantes ofrecerán dúas tapas diferentes cada fin de semana. Cada tapa custará 2 euros, e o cliente recibirá un boleto tipo rasca que lle permitirá optar a premios directos. En total repartiranse 640 mochilas, 600 fundas de móbil, 700 libretas, 20 abridores, botellas de viño doadas por Bodegas Carballo, Distribuciones Cotelo, Disboa e Xinerxia Alimentaria, un xogo de copas cedido por Proquiber e tapas gratuítas que achegan os propios locais.

Os horarios non varían con respecto a anos anteriores. Así, as tapas serviranse os venres de 20.00 a 22.00 horas e sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00.

Descargas



Galería

Compartir: