Inicio Carballo ao día Novas Os nenos e nenas de 2º de primaria dannos...

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO “RUÍNS COA AUGA”

Os nenos e nenas de 2º de primaria dannos unha lección de compromiso co medio ambiente a través dos seus debuxos

Setenta escolares de seis colexios carballeses recolleron hoxe os seus premios coma finalistas do certame convocado polo Concello e Gestagua

Mércores 23 de maio do 2018

Todos os participantes, ao remate do acto

Todos os participantes, ao remate do acto

Hoxe o salón de plenos parecía unha festa, e non era para menos, porque non todos os días entregamos uns premios que nos permitan albergar tanta esperanza no compromiso das futuras xeracións coa preservación do medio ambiente. De feito, os nenos e as nenas de 2º curso de primaria que participaron no concurso Ruíns coa auga, convocado polo Concello de Carballo e Gestagua, dannos, a través dos seus debuxos, toda unha lección de responsabilidade cun recurso natural tan necesario coma a auga. Así que aproveitamos para reiterar os nosos parabéns a todos e todas os/as participantes, que foron moitísimos.

Para a entrega de premios estaban convocados/as os/as finalistas de cada un dos centros participantes, en total case setenta nenos e nenas. Como explicou Benigno López, xefe de explotación de Gestagua en Carballo, o obxectivo era que o alumnado plasmase a súa visión sobre as 12 principais categorías de axentes contaminantes da auga para coñecelos e evitar que acaben nos desaugues, os ríos e o mar. Dúas personaxes creadas especificamente para a campaña, KO e OK, baseadas en dúas especies de fauna en perigo de extinción debido á contaminación das augas, servíronlles de inspiración e de axuda para tomar conciencia sobre a importancia que teñen para o medio ambiente decisións e accións tan cotiás como a xestión dos residuos que xeramos a diario.

Os/as finalistas de cada centro foron os/as seguintes:                                       

  • CEIP Fogar: Hugo Busto Caamaño, Iván Rey Añón, Saray Mallo Vázquez, Jairo Novoa López, Lena Rodríguez González, Amelia Mourón, Alejandra Rodríguez Villar, Noa Calvo Rojo, María Vidal Regueira, Matías Orosa Zas, Ana Rama Angeriz e Eneko Pazos Arrojo.
  • CEIP Bergantiños: Kathy Traba López, Paula Rivera Naya, Elisa Garda Rosende, Arianna Trigo Rojo, Gabriel Pena Pose, Diego Nión Fernández, Eloi Lavandeira, María Pardiñas Borrazás, Mara Diaño Souto, Álvaro García Varela, Inés Remuiñán Rodríguez e Álvaro González.
  • CEIP Nétoma-Razo: Ángel Rodríguez, Álvaro Facal Vila, María Lobera Lista, Darío Tasende Vázquez, Sabela Freire Castro, Ana Velo Garda, Lara Regueira Estramil, Fabián Martínez Pena, Xabi Villar Varela, Noelia Gende Collazo e Sergio Cancela.
  • Colexio Artai: Manuel López Castro, Diego Barbeito Suárez, Lucía Varela Pericacho e Hugo Casas.
  • CEIP Gándara-Sofán: Antía Collazo Dubra, Claudia Quintas, Alba López Fernández, Raúl González e Andrea Díaz López.
  • CEIP Xesús San Luís Romero: Ainara Cebral López, Iván Botana Pombo, Erika Cstro Pereira, Aitor Botana Allea, Rocío Ramírez Montoya, Suso González Pombo, Mayra López Pombo, Isaac González Silva, Yasmina López Rojo, Vagnely Santos Fonseca Medina, Osvaldo Bochetti Hernández e Ruth Rama.

Gañadores por categoría

O xurado estivo formado por representantes do Concello de Carballo, de Gestagua, do Horto Infantil e do colectivo artístico Crea Formas. De entre todos os/as finalistas, o xurado escolleu un debuxo gañador por cada categoría, e foron os seguintes:

  • Medicamentos e apósitos: Ainara Cebral López (CEIP Xesús San Luís Romero)
  • Leito hixiénico e animais: Iván Rey Añón (CEIP Fogar)
  • Envoltorios de papel e plástico: Erika Castro Pereira (CEIP Xesús San Luís Romero)
  • Pinturas, disolventes e pegamentos: Jairo Novoa López (CEIP Fogar)
  • Hixiene persoal: Sabela Freire Castro (CEIP Nétoma-Razo)
  • Aceites de cociña, vehículos e outros refugallos mecánicos: Suso González Pombo (CEIP Xesús San Luís Romero)
  • Lixivias, amoníacos e pesticidas: Alejandra Rodríguez Villar (CEIP Fogar)
  • Xabóns e deterxentes: Fabián Martínez Pena (CEIP Nétoma-Razo)
  • Tecidos e algodóns: Mara Vidal Regueira (CEIP Fogar)
  • Refugallos de comida: Matías Orosa Zas (CEIP Fogar)
  • Cigarros, cabichas e mistos: Hugo Casas (Colexio Artai)      
  • Cascallos: Ruth Rama (CEIP Xesús San Luís Romero)

O alcalde de Carballo fixo entrega dos premios aos participantes, que levaron mochilas, libretas e un diploma, e aos gañadores, que ademais foron agasallados cun lote de material escolar. Evencio Ferrero agradeceu a todos os nenos e nenas a súa participación e animounos a seguir traballando polo medio ambiente. No acto participaron tamén o concelleiro Luis Lamas, profesorado, familias e persoal non docente dos centros educativos. O salón de plenos quedou pequeno.

Pero a experiencia non remata aquí, porque aínda alta o premio final para todos/as os/as participantes: unha excursión relacionada co ciclo da auga con xornada de xogos incluída. Xa vos contaremos!



Galería

Compartir: