Inicio Carballo ao día Novas Gustaríache conseguir unha das...

Gustaríache conseguir unha das fotografías da exposición “O mar de Carballo en catro estacións?”

Sigue lendo e descubre como!

Venres 5 de xaneiro do 2018

Hai exposicións e exposicións, e a do xornalista de La Voz de Galicia Santiago Garrido, ademais dunhas fotos fermosísimas do litoral carballés, ten premio.

Para conseguilo só tes que visitar a mostra no corredor central do Fórum Carballo e compartir a que máis che guste nas túas redes sociais utilizando o hashtagh @omardecarballoencatroestacions e etiquetando a Turismo Carballo en Facebook, Twitter e/ou Instagram. A persoa que acade máis “gústame” na súa publicación recibirá como premio a fotografía elixida.

Tes de prazo ata o día 31! Visita o Fórum Carballo no seu horario habitual (de luns a venres polas mañás) e mergúllate no mar de Carballo a través das 50 imaxes do noso litoral realizadas por Santiago Garrido ao longo das catro estacións do ano. Aquí tes algunhas delas.



Galería

Compartir: