Inicio Carballo ao día Novas Esta fin de semana promocionamos no Culturgal os...

Esta fin de semana promocionamos no Culturgal os proxectos Derrubando Muros con Pintura, FIOT e Carballo Interplay

No noso stand tamén repartiremos Pan de Carballo durante os tres días da feira

Xoves 30 de novembro do 2017

O novo rueiro de Derrubando Muros con Pintura estará no Culturgal

O novo rueiro de Derrubando Muros con Pintura estará no Culturgal

Carballo volve a estar presente en Culturgal, a feira das industrias culturais que se celebra ano tras ano á beira do Lérez. Todo o que se move nos ámbitos editorial, musical, artístico, do deseño e das novas tecnoloxías en Galicia terá un espazo durante os próximos tres días no Pazo da Cultura de Pontevedra, e alí estarán tamén os proxectos máis representativos do noso concello: Derrubando Muros con Pintura, Festival Internacional Outono de Teatro-FIOT e Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay-CIP. Estes tres proxectos terán unha visibilidade especial no noso stand, no que, ademais, como é habitual, estará presente o Pan de Carballo durante toda a feira.

O día grande de Carballo será o sábado. Para as 12.00 horas, no espazo de arte contemporánea, está prevista a presentación do proxecto Derrubando Muros con Pintura coa participación da técnica de turismo do Concello de Carballo, Maite Parga; a escritora Rosalía Fernández Rial, que falará sobre o libro publicado por Engaiolarte como unha das autoras participantes, e os artistas plásticos Emi de Las Heras e Mou, que falarán sobre Derrubando Muros con Pintura e Rexenera Fest, respectivamente.

O mesmo sábado pola tarde o stand do Concello de Carballo será escenario dun taller de grafiti impartido por Mou, que pintará unha reinterpretación do seu mural A orixe, máis coñecido como “o buzo”.

Ligazóns

Compartir: