Inicio Carballo ao día Novas Nova edición do proxecto Youtubeir@s para...

Nova edición do proxecto Youtubeir@s para inzar a rede de vídeos en galego

Nove entidades, entre elas o Concello de Carballo, desenvolven unha nova edición do proxecto Youtubeir@s, de fomento do galego na rede e na videocreación

Xoves 30 de novembro do 2017 Lingua

O Proxecto Youtubeir@s, organizado polos servizos de normalización lingüística de nove concellos, polas tres universidades e pola Deputación da Coruña, lanza a súa segunda edición coa vontade de promover e de lle dar visibilidade ao uso do galego a través da rede social de vídeos máis grande do mercado global: Youtube. A iniciativa pretende fomentar así a creatividade con temas propios e xerar referentes en galego dun novo axente con gran repercusión social dende o mundo dixital como son os/as youtubeiros/as.

Así o adiantou hoxe en rolda de prensa, celebrada na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, a coordinadora de Youtubeir@s, Mónica Fernández Valencia, quen xunto a Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; e a vicerreitora de Servizos Universitarios da Universidade de Santiago de Compostela, María do Carme Silva Domínguez, detallou as liñas mestras do proxecto. Ademais, o acto contou coa presenza de José Antonio Cacabelos Rico, alcalde do Grove;  José Andrés García Cardeso, alcalde da Baña; Pilar Pérez Faxil, concelleira de Cultura e Educación de Teo; Xosé Regueira, concelleiro de Normalización Lingüística de Carballo, e Belén Iglesias Cortés, concelleira de Cultura e Educación de Ourense.

Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e d

Na presentación destacouse a colaboración das diferentes administracións para lanzar a segunda edición de Youtubeir@s, un amplo proxecto que compila diversas accións que buscan un claro obxectivo: incrementar a presenza do galego nos vídeos de Youtube. Dentro desta iniciativa, recóllense varias liñas de acción que van dende campañas de incentivación do uso do galego a través da citada plataforma até a formación de youtubeiros e youtubeiras, pasando por actividades para outorgarlle visibilidade ao proxecto, pola dinamización nas redes sociais co obxectivo de xerar comunidade ou pola convocatoria dos Premios Youtubeir@s.

Premios Youtubeir@s

Nos Premios Youtubeir@s poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos a través de vídeos de opinión ou videotitoriais autoproducidos en galego subidos a Youtube de xeito independente ou nunha canle. Todas as pezas participantes teñen que estar publicadas con data posterior ao 28 de abril de 2017 sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición. En total, o certame entregará 5.500 euros en premios, repartidos nun conxunto de categorías que incrementan o seu número con respecto ao ano pasado. Así, o certame dividirase nos seguintes apartados: vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle, creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica, calidade lingüística e o premio do público.

Formación e festivais

Por outra banda, o proxecto Youtubeir@s incluíra diferentes programas formativos que se desenvolverán nos concellos e nas universidades organizadoras. Os obradoiros serán impartidos pola produtora Illa Bufarda e farán fincapé nesta nova edición nas persoas maiores de 50 anos non familiarizadas coas novas tecnoloxías.

Ademais, Youtubeir@s estará presente en eventos culturais galegos como son o Culturgal (no que se realizará unha presentación pública cunha conversa con youtubeiros/as este sábado ás 13.00 horas no Espazo Foro) e festivais relacionados coa creación audiovisual e dixital, co obxectivo de crear sinerxias con festivais para a programación de contidos youtubeiros en galego.

Compartir: