Inicio Carballo ao día Novas A Concellería de Promoción...

A Concellería de Promoción Económica impulsa a mellora da imaxe comercial cun novo concurso de escaparatismo

A iniciativa, que se enmarca na campaña de Nadal de promoción do comercio local, repartirá 2.000 euros en premios

Martes 28 de novembro do 2017

Dentro da campaña de Nadal de promoción do comercio local, a Concellería de Promoción Económica convoca un novo concurso de escaparatismo no que premiará a implicación e o esforzo do sector na mellora da imaxe comercial. Haberá catro premios de 800, 600, 400 e 200 euros. A calidade artística, a composición, a iluminación, a utilización de elementos tradicionais do Nadal, a orixinalidade, o uso do galego e a dedicación serán os aspectos que máis valorará o xurado, que estará composto por dous representantes do Concello de Carballo, un do CCA, outro de Axober, outro da asociación do Barrio da Milagrosa e outro do colectivo artístico Crea Formas.

Os/as comerciantes interesados/as en participar poden presentar as súas solicitudes desde o 29 de novembro ata o 12 de decembro en calquera dos rexistros do Concello de Carballo. Os impresos poden recollerse no Rexistro Xeral ou descargarse ao final desta mesma nova. Tamén poden consultarse as bases completas.

Os escaparates deben estar preparados o xoves 14 de decembro ás 19 horas, momento a partir do cal serán visitados por membros do xurado. Para que todo o público teña a oportunidade de contemplados durante as festas de Nadal, como mínimo deberán manterse ata o 25 de decembro, e co mesmo obxectivo estarán debidamente iluminados polo menos ata as 22 horas.

Descargas

Compartir: