Inicio Carballo ao día Novas Chega a Carballo a campaña de...

Chega a Carballo a campaña de promoción e difusión dos viños galegos “Beber do país”

Mañá venres celebrarase no segundo andar do Mercado Municipal unha mesa redonda e a fin de semana abrirase o túnel do viño con entrada gratuíta, pero con invitación

Xoves 23 de novembro do 2017

Mañá chega ao segundo andar do Mercado Municipal Beber do país, unha campaña para dar a coñecer os viños galegos que visitou con anterioridade outras localidades e que confirma o compromiso da Concellaría de Promoción Económica e do Concello de Carballo coa promoción dos produtos da nosa comunidade. 

Beber do país desenvolverase do 24 ao 26 deste mes no primeiro andar do Mercado Municipal, onde se instalará un túnel do viño que permitirá que o público asistente poida ir catando as distintas variedades e elaboracións de cada unha das adegas participantes, entre as que estarán representadas as 5 denominacións de orixe e as 4 indicacións xeográficas protexidas que existen en Galicia. 

A actividade comezará mañá venres 24, ás 19.00 horas, cunha mesa redonda na que participarán especialistas de prestixio, e posteriormente realizarase unha cata comentada. A asistencia é libre e gratuíta. O sábado 25 e o domingo 26, de 12.00 a 14.30 e de 18.00 a 20.30 horas, abrirase o túnel do viño con entrada gratuíta, pero con invitación. Os convites repartiranse entre os sectores da hostalaría e da distribución, que son os principais destinatarios da iniciativa, pero tamén se abrirán as portas ao público en xeral. As entradas poden solicitarse no Museo de Bergantiños, tanto por teléfono como a través do correo electrónico museo@carballo.gal, e tamén na mesa redonda do día 24.

Compartir: