Inicio Carballo ao día Novas Carballo acollerá o día 16 unhas...

Carballo acollerá o día 16 unhas xornadas sobre “Aspectos clave na redución do risco de inundación”

Augas de Galicia abre unha canle de participación para a cidadanía de cara á redacción do plan de minimización do risco de inundación do río Anllóns

Venres 10 de novembro do 2017

Augas de Galicia abre un proceso de participación cidadá de cara á redacción do Plan Específico para a Minimización do Risco na área de Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSI) do río Anllóns. Esa participación implica ás administracións, aos técnicos e á sociedade en xeral. E para eses tres colectivos van destinadas as xornadas que se celebrarán o día 16 no Fórum Carballo para abordar os “Aspectos clave na redución do risco de inundación”.

As xornadas serán inauguradas polo director xeral de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez, ás 09.15 horas, e ao longo do día pasarán polo auditorio do Fórum especialists de distintas Administracións e entidades relacionadas coa xestión da auga, o urbanismo, o medio rural, a ordenación do territorio e a protección civil. O programa completo pode descargarse máis abaixo.

As persoas interesadas en participar teñen á súa disposición o correo electrónico xornadas-risco-inundacion@oceano-azul.es e o teléfono 981909012.

Descargas

Compartir: