Inicio Carballo ao día Novas Klaus Martínez Veiga, alumno do CMUS de...

Klaus Martínez Veiga, alumno do CMUS de Carballo, gañador do I Premio de Composición da Orquestra da USC

A súa composición “Danza del Gato” KMV28 será estreada nas Xornadas de Música Contemporánea de Santiago o vindeiro 12 de novembro

Martes 3 de outubro do 2017 Educación Conservatorio

Klaus Martínez, acompañado ao piano polo profesor do CMUS David Casasnovas

Klaus Martínez, acompañado ao piano polo profesor do CMUS David Casasnovas

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo está de celebración, porque o seu alumno Klaus Martínez Veiga vén de gañar o I Concurso de Composición da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela. O tribunal, integrado polo director e compositor Mario Diz e o mestre Fernando Builde del Real, considerou que a composición “Danza del gato” KMV28 era merecedora do galardón, que Klaus Martínez comparte con outros dous compositores. “Un auténtico honor para mí que les hubiese gustado mi obra”, sinala o galardoado, que nas súas redes sociais declárase “encantadísimo”.

Klaus Martínez Veiga, alumno de trompeta do CMUS de Carballo, rematou os seus estudos no pasado curso 2016-17 con matrícula de honra. A súa composición será estreada o vindeiro 12 de novembro dentro das Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela e será gravada pola Radio Galega. Moitos parabéns!

Ligazóns

Vídeos

Compartir: