Inicio Carballo ao día Novas Este ano podes darlle un bocado ao FIOT en nove...

Este ano podes darlle un bocado ao FIOT en nove locais de hostalaría de Carballo

A ruta gastronómica arranca hoxe venres, coincidindo co primeiro espectáculo de sala do Festival Internacional Outono de Teatro

Venres 29 de setembro do 2017

A Barra Bar, Café Colón, Café Valle Inclán, Cafetaría Pazo da Cultura, Cervexaría Ágora, Mesón A Cabaña, Taberta O Mexillón, Tomasa Taller de Repostería e Vinoteca Ánfora integran unha ruta gastronómica e teatral única. Coincidindo cos espectáculos de sala do Festival Internacional Outono de Teatro (os días 29, 30 de setembro e 13, 14, 15, 20, 21, 22, 27 e 28 de outubro), estes dez locais convídannos a darlle un bocado ao FIOT.

Dálle un bocado ao FIOT é unha proposta da Concellaría de promoción Económica que complementa a programación teatral, e que ofrece ao público a oportunidade de degustar sabedores e completos almorzos por 3 euros en Café Colón, Café Valle Inclán e Taller de Reportería Tomasa ou ben orixinais tapas como as que ofrecerán, por 2 euros, A Barra Bar, Cafetería Pazo da Cultura, Cafetería Pazo da Cultura, Cervexaría Ágora, Mesón A Cabaña e Vinoteca Ánfora.

Ademais, con cada bocado que lle deas ao FIOT participarás no sorteo de 2 entradas para a edición de 2018, con cea, aloxamento e almorzo para dúas persoas.

Compartir: