Inicio Carballo ao día Novas Adxudicadas por un total de 333.721,98 euros as...

Adxudicadas por un total de 333.721,98 euros as obras de reforma de seis locais sociais en cinco parroquias

A Xunta de Goberno Local puxo en marcha na súa xuntanza de hoxe o proceso de contratación de obras viarias no casco urbano e na zona rural por máis de medio millón de euros

Luns 25 de setembro do 2017

Centro social de Outón (Rus)

Centro social de Outón (Rus)

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a adxudicación das obras de reforma de seis locais sociais en cinco parroquias por un total de 333.721,98 €. Por unha banda, Fonsan Gestión y Construcción SL executará os traballos de acondicionamento dos locais de Artes, Rus, Entrecruces e Outón, todo ilo cun orzamento de 275.889,95 € (IVE incluído), mentres que IAM Rumbo Instalaciones y Obras SL acometerá os labores de ampliación do centro social de Oza e de edificación dun almacén acaroado á escola unitaria de  Sísamo por 57.832,03 €.

As obras, que no primeiro caso teñen un prazo de execución de cinco meses e no segundo de tres, atenderán as peticións realizadas polo movemento asociativo de cada unha das parroquias para acondicionar e mellorar a funcionalidade dos centro sociais.

Tamén saíu adiante na sesión de hoxe a adxudicación dos traballos de redacción do Plan Especial de Protección, Infraestruturas e Dotacións en Arnados-Razo, dos que se encargará o estudo coruñés Abadeus Arquitectura SLP por 96.799,94 euros (IVE incluído). O prazo máximo de prestación do servizo será de 25 meses a partir da sinatura do contrato.

Novos proxectos de obras

Obras da primeira fase da contorna do CEIP Xesús San Luís Romero

Obras da primeira fase da contorna do CEIP Xesús San Luís Romero

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o inicio dos expedientes de contratación de tres obras de mellora da rede viaria, tanto no casco urbano como na zona rural, por un total de 554.134,01 euros. Eses novos proxectos son a segunda fase da reurbanización da contorna do CEIP Xesús San Luís Romero, incluída no Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña cun orzamento de 245.182,63 euros; a reparación das vías secundarias das parroquias de Berdillo e Ardaña, por 200.969,88 euros, e a reparación de varias rúas do casco urbano, por 107.981,50 euros. Estas dúas últimas actuacións serán financiadas con fondos municipais, ao igual que as melloras nos centros sociais.

Outros acordos

Na sesión de hoxe foron aprobados tamén outros asuntos: a baixa dun vao na rúa Manuel María, dúas solicitudes de taxistas para cambio de vehículos, licenzas de obras e unha proposta de imposición de penalidades por cumprimento defectuoso de contrato.

Compartir: