Inicio Carballo ao día Novas Máis de trinta nenas e nenos...

Máis de trinta nenas e nenos participarán este curso nos obradoiros do Horto Infantil Ecolóxico Municipal

A actividade regular da instalación municipal, situada na rúa Nardos, arrancará o vindeiro luns 18

Xoves 14 de setembro do 2017

Este curso teremos a máis de trinta nenas e nenos aprendendo a emprender no Horto Infantil Ecolóxico Municipal. Na páxina web do Concello de Carballo poden consultarse xa as listas de admitidas/os, e no caso de que se detecte algún erro as familias poden poñerse en contacto coa Oficina de Promoción Económica no Museo de Bergantiños ou no número de teléfono 981 709 012. E como non queremos que ninguén quede fóra, ampliamos as prazas ata un máximo de 25, agás para o grupo de 3 anos, no que poderán participar 15 nenos/as. Inscríbeos xa no Museo de Bergantiños ou descarga a folla que atoparás máis abaixo.

A actividade regular do Horto Infantil Ecolóxico Municipal arrancará o vindeiro luns 18 agás para os nenos e nenas de tres anos, que se incorporarán o 21 de febreiro e terán reservado o mércores. O grupo 1 asistirá aos obradoiros os luns e xoves, e o grupo 2, os martes e venres. O horario será o mesmo en todos os casos, de 17.30 a 19.00.

O Horto Infantil Ecolóxico Municipal iniciou este ano unha nova etapa cunha programación estable que se desenvolverá ao longo de tres anos, o que permitirá consolidar este novidoso proxecto escolar impulsado desde a Concellería de Promoción Económica para poñer aos nenos e nenas en contacto coa natureza e a terra, poñer a disposición das familias unha ferramenta de apoio ao labor educador e formativo dos centros de ensino e converterse nun laboratorio de novas ideas e técnicas que fomenten o espírito emprendedor dende a infancia.

Descargas

Compartir: