Inicio Carballo ao día Novas Comeza o proceso de selección de...

Comeza o proceso de selección de profesorado e alumnado para o obradoiro de emprego “Revalorización de espazos urbanos”

A actividade formativa vai dirixida a mozas e mozos inscritas/os no Sistema de Garantía Xuvenil

Xoves 14 de setembro do 2017

Arranca no Fórum Carballo o proceso de selección tanto de profesorado como de alumnado para o obradoiro de emprego “Revalorización de espazos urbanos”, dirixido a mozas e mozos incluídos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Mañá venres, a partir das 10.00 horas, celebrarase a fase de concurso-oposición para os postos de director/a, mestre de traballos de carpintería de moble e mestre de educación secundaria básica, e o martes 19 a partir das 10.30 horas será seleccionado o alumnado.

Un equipo mixto, integrado por representantes da Consellería de Economía, Emprego e Industria e do Concello de Carballo, levará a cabo os procesos de selección segundo as bases que poden consultarse no documento adxunto.

O obradoiro vai dirixido a mozos e mozas de 18 a 30 anos, que recibirán seis meses de formación durante os cales estarán dados de alta na Seguridade Social e cobrarán o salario mínimo interprofesional. É imprescindible que estean incritos/as no Sistema de Garantía Xuvenil. Terán preferencia os/as candidatos/as do ámbito do Concello de Carballo e aqueles/as que non recibiran previamente atención polo citado sistema.

O de Carballo será un dos 8 obradoiros xuvenís que se impartirán este ano na provincia da Coruña, e comezará este mesmo mes.

Descargas

Compartir: