Inicio Carballo ao día Novas #biblioutono, unha completa e variada proposta de...

#biblioutono, unha completa e variada proposta de actividades para volver conectar despois do verán coa Biblioteca Rego da Balsa

A presentación do poemario “No te hagas el muerto” marcará este venres o comezo dunha nova temporada cultural para todos os públicos

Mércores 13 de setembro do 2017 Cultura

Xa é outono na Biblioteca Rego da Balsa. Pero aínda que este ben podería ser o lema da campaña que estamos a piques de iniciar, desde a Concellería de Cultura preferimos seguir apostando por este outro: “Conéctate coa biblioteca”. E para que non teñas escusas chega #biblioutono, un completo e variado programa de actividades que achega ao público todo tipo de propostas culturais e para todas as idades.

Comezaremos este venres 15 ás 20 horas, adiantándonos ao cambio de estación, coa presentación do poemario “No te hagas el muerto”, o último traballo da mestra de música e literatura Carolina Otero, que estará acompañada no acto pola escritora Rosalía Fernández Rial. O xoves 21 teremos con nós a outro poeta, Álvaro Antelo, un escritor local que non podes perder. Pero, como na Biblioteca Rego da Balsa sabemos que a literatura e a cultura adoptan as formas máis diversas, dende aquí e ata o 29 de novembro teremos música, teatro, obradoiros, foros, audiovisuais... e ademais darémoslle voz a distintas iniciativas humanitarias.

Todas as actividades son de balde, pero para as infantís é preciso recoller convite previamente. Magín Blanco, Elefante Elegante e Trinke Trinke ofrecerannos algunhas esas propostas pensadas para os máis pequenos e pequenas. Botádelle unha ollada ao programa detallado no documento adxunto.

Descargas

Compartir: