Inicio Carballo ao día Novas A Concellaría de Facenda envía aos...

A Concellaría de Facenda envía aos fogares carballeses máis de 16.500 cartas informativas sobre a campaña do IBI e o IAE

O período voluntario para o pago de ámbolos tributos estará aberto desde o 18 deste mes ata o 20 de novembro

Martes 12 de setembro do 2017

O luns 18 comezará o período voluntario para facer o pago dos recibos correspondentes aos impostos sobre bens inmobles (IBI) e sobre actividades económicas (IAE). Nos vindeiros días chegarán aos fogares carballeses as máis de 16.500 cartas que está a remitir a Concellería de Facenda para informar aos contribuíntes sobre a campaña do 2017.

Ao mesmo tempo, durante o prazo dun mes poden examinarse os padróns no Servizo de Xestión Tributaria do Concello de Carballo. O anuncio da aprobación e exposición pública foi publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP), xunto cos resultados das liquidacións tributarias. O importe total do IBI de natureza urbana é de 4.667.789,44 euros, mentres que o de rústica acada os 568.964,62 e o de características especiais, 209.662,26. O importe total do padrón do IAE é de 185.384,58 euros.

O período voluntario estará aberto ata o 20 de novembro. Os contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos poderán facelos efectivos nas oficinas do Servizo de Recadación Municipal, na rúa Camiño Novo 7. Os cargos nas contas bancarias realizaranse a partir do 16 de outubro.

Descargas

Compartir: