Inicio Carballo ao día Novas A posta a punto dos colexios para o novo curso...

A posta a punto dos colexios para o novo curso incluíu unha campaña preventiva de desinfección, desratización e desinsectación

O servizo municipal de control de pragas recibiu este ano 13 avisos da posible presenza de roedores en distintas zonas urbanas

Sábado 9 de setembro do 2017

O servizo de control de pragas tamén se encarga da desratización no casco urbano

O servizo de control de pragas tamén se encarga da desratización no casco urbano

No Concello de Carballo queremos que o curso comece nas mellores condicións, e por iso, ademais de acometer unha serie de melloras nas infraestruturas e nos equipamentos dos centros de infantil e primaria, nos últimos días rematamos unha campaña preventiva de desinfección, desratización e desinsectación de todos os colexios. O servizo municipal de control de pragas aproveitou as vacacións de verán para levar a cabo a campaña, que, dentro da liña de prevención pola que apostamos desde o Concello, repetirase no Nadal e na Semana Santa.

O servizo municipal de control de pragas tamén xestiona a retirada dos niños de vespa velutina (máis de 290 no que vai de ano) e encárgase da desratización no casco urbano, por unha banda realizando controis mensuais preventivos e, por outra, atendendo os avisos que se reciben pola posible presenza de roedores. Este ano foron un total de 13. En todos os casos realízase unha inspección e, de ser preciso, aplícase o tratamento axeitado.

Compartir: